Midición diámetro del árbol

A misión de Gallanova é a de investigar e integrar o coñecemento e as tecnoloxías dispoñibles para deseñar procesos de produción que contribúan ao desenvolvemento do medio rural, de maneira eficiente e sustentable.

Para iso, Gallanova definiu a visión de desenvolver programas de investigación e establecer acordos de colaboración orientados a avanzar en novos produtos, procesos e tecnoloxías que maximicen a calidade, o aproveitamento e a valorización dos recursos endóxenos do medio rural galego.

Desta maneira Gallanova oriéntase a mellorar a produtividade, a rendibilidade e a sustentabilidade dos procesos de produción vencellados ao medio rural, garantindo a satisfación, presente e futura, das necesidades dos seus clientes cara ao mercado.