Proxecto EcoRareEarth

Número de expediente: IN607F 2019/28

Anualidade 2019, axudas para a concesión de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 173, do 12 de setembro):

Título da proposta: PHYTOMINING THE RARE EARTH NATURAL DEPOSITS OF THE EU USING WILLOW

Acrónimo da proposta: ECORAREEARTH

Convocatoria Horizon 2020-EIC-SME Instrument Phase I

Orzamento subvencionable: 18.226,00 €

Importe da subvención: 14.580,80 € % FEDER da axuda: 100%

Dentro do programa operativo, esta operación encáixase en:

Eixe: 01 Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento: 01.02. Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, acción de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

EcoRareEarth é un proxecto orientado ao aproveitamento dos subprodutos da biomasa forestal para a obtención de terras raras (TR) mediante a aplicación da fitominería no ciclo productivo da biomasa. As TR son un grupo de 17 elementos de grande valor nas industrias tecnolóxicas polas súas propiedades únicas, sendo un compoñente esencial na fabricación de motores eléctricos, turbinas de última xeración, transistores e outras aparellaxes electrónicas.

A súa obtención por minería tradicional é altamente custosa especialmente dende o punto de vista medioambiental debido á grande cantidade de material que é preciso procesar para obter pequenas cantidades de TR. Deste xeito, a pesar de que na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal existe un dos poucos depósitos de terras raras en Europa, a súa explotación por métodos tradicionais non é compatible co standard medioambiental.

Sen embargo, nos últimos anos véñense de desenvolver técnicas de produción de clons forestais coa capacidade de absorber elementos específicos do solo que pasan a formar parte da biomasa. Estes elementos atópanse concentrados nos subprodutos da combustión da biomasa polo que é posible a súa extracción e valorización. O proxecto EcoRareEarth desenvolverá todos os elementos precisos para aplicar está solución no contexto das plantacións de biomasa e da industria intensiva en enerxía orixinada por biomasa. Seleccionaranse os clons coa capacidade de absorber TR así como de producir biomasa de xeito eficiente. Estes clons serán empregados en terreos ricos en TR que abundan na Eurorexión.

Finalmente EcoRareEarth obterá deses suprodutos da combustión da biomasa amalgama rica en TR para a súa valorización comercial completando un ciclo de Economía Circular no sector forestal e enerxético.