A misión de Gallanova é investigar e integrar o coñecemento e as tecnoloxías punteiras dispoñibles para deseñar e aplicar procesos de produción agroforestal que contribúan ao desenvolvemento do rural, de forma eficiente e sostible.

O persoal de Gallanova, ten un amplo coñecemento das diferentes tecnoloxías agroforestais e de fitorremediación.

Gallanova ten a súa sede en Santiago de Compostela, España, e traballa con clientes a nivel rexional, nacional e internacional.

Estamos enfocados principalmente na Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal, que ten condicións particularmente favorables para as plantacións de madeira e a produción de biomasa.

Desta forma, Gallanova ten como obxectivo mellorar a produtividade, a rentabilidade e a sostenibilidade dos procesos de produción asociados co entorno rural, garantindo a satisfacción, presente e futura, das necesidades dos seus clientes cara o mercado.

Ofrecemos aos nosos clientes, entre outros servizos:

Análise de viabilidade técnica e económica, execución de proxectos e asesoramento normativo de proxectos. Gallanova tamén deseña, organiza e executa actividades de difusión e cursos de capacitación.

A compañía desenvolveu docenas de proxectos agroforestais (plantacións, xestión ambiental, produción de biomasa, etc.), apoiando aos promotores ao longo do deseño inicial e a planificación dos procesos de execución das plantacións e a comercialización dos produtos resultantes.

Gallanova ofrece solucións para reducir a contaminación do solo causada polo uso de xurros como fertilizante, un problema de crecente importancia tanto en España coma no resto de Europa.